bell notificationshomepageloginedit profileclubsdmBox

Read Ebook: Cantares gallegos by Castro Rosal A De

More about this book

Font size:

Background color:

Text color:

Add to tbrJar First Page Next Page

Ebook has 854 lines and 44090 words, and 18 pages

NOTA DE TRANSCRIPCI?N

OBRAS COMPLETAS DE ROSAL?A DE CASTRO

OBRAS COMPLETAS DE ROSAL?A DE CASTRO

CANTARES GALLEGOS

MADRID LIBRER?A DE LOS SUCESORES DE HERNANDO Calle del Arenal, 11. 1909

Es propiedad.

Imprenta de los Sucesores de Hernando, Quintana, 33.

ROSAL?A CASTRO DE MURGU?A.

PR?LOGO

Grande atrevemento ? sin duda pr? un probe inxenio com' ? que me cadrou en sorte dar ? luz un libro cuyas p?xinas deb?an estar cheyas de sol, d' armon?a e d' aquela naturalidade que unida ? unha fonda ternura, ? un arrulo incesante de palabri?as mimosas e sentidas, forman ? mayor belleza d' os nosos cantos populares. A poes?a gallega, toda m?sica e vaguedade, toda queixas, sospiros e do?es sonrisi?as, mormuxando unhas veces c' os ventos misteriosos d' os bosques, briland' outras c' ? rayo de sol que cai sereni?o por enriba d' as auguas d' un r?o farto e grave, que corre baixo as ramas d' os salgueiros en frol, compr?alle para ser cantada un sprito subrime e cristai?o, si as? ? podemos decir, unha inspiraci?n fecunda, com' ? vexetaci?n que hermosea esta nosa privilexiada terra, e sobre todo un sentimento delicado e penetrante pr? dar ? conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado ? este pobo ? quen moitos chaman est?pido, e ? quen quis?is xusguen insensibre, extra?o a devina poes?a. Mais naide ten menos qu' eu te?o as grandes cualidades que son precisas pr? levar ? cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d' un m?is bon deseo pr? cantar as bellezas da nosa terra n' aquel dialecto soave e mimoso que queren facer b?rbaro os que non saben que aventaxa ?s dem?is linguas en do?ura e armon?a. Por esto, inda ach?ndome d?bil en forzas, e n' habendo deprendido en m?is escola qu' ? d' os nosos probes alde?ns, guiada s?lo por aqueles cantares, aquelas palabras cari?osas e aqueles xiros nunca olvidados que tan do?emente resoaron nos meus o?dos desd' ? cuna, e que foran recollidos p?-lo meu cora??n como harencia propia, atrevinme ? escribir estos cantares, esforz?ndome en dar ? conocer c?mo algunhas d' as nosas po?ticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e c?m' ? noso dialecto do?e e sonoro ? tan aprop?sito com' ? pirmeiro para toda clase de versificaci?n.

Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romer?as, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod' aquelo, en fin, que p?-la sua forma e colorido ? dino de ser cantado, todo ? que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fosse, con tal que chegase ? conmoverme, tod' esto m' atrev?n ? cantar neste homilde libro pr? desir unha vez siquera, y anque sea torpemente, ?s que sin raz?n nin conocement' alg?n nos despre?an, qu' a nosa terra ? dina d' alabanzas, e qu' a nosa lingua non ? aquela que bastardean e champurran torpemente n?s m?is ilustrad?simas provincias, c' unha risa de mofa, qu' ? desir verdade , demostra ? i?orancia m?is crasa y ? m?is imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia ? outra provincia hirm?n, por probe qu' ?sta sea. Mais he aqu? qu' ? m?is triste nesta cuesti?n ? ? falsedade con que fora d' aqu? pintan, as? ?s fillos de Galicia com' ? Galicia mesma, ? quen xeneralmente xuzgan ? m?is despreciable e feyo d' Espa?a, cando acaso sea ? m?is hermoso e dino d' alabanza.

Non quero ferir con esto ? susceptibilidade de naide, anque ? decir verdade, ben poidera perdon?rselle este pequeno desafogo ? quen tan ferida foy de todos. Mais, eu qu' atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d' ? deserto; eu que recorr?n ? feraz Extremadura e ? extensa Mancha, dond' ? sol cai ? promo alomeando mon?tonos campos, donde ? cor d' ? palla seca prest' un tono cansado ? paisaxe que rinde e entristece ? esprito, sin unha herbi?a que distraya ? mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com' ? terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d' Alicante, dond' os olivos, c? seu verd' escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e mon?tona com' ? resto d' aquel pa?se, amostra ? sua vexetaci?n tal como paisaxes pintados nun cart?n con ?rbores postos sim?tricamente e en carreiri?os para divertisi?n d' os nenos, eu non podo menos d' indignarme cand' os fillos d' esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non n? belleza d' os campos, b?lranse d' esta Galicia competidora en clima e galanura c' os pa?ses m?is encantadores da terra; esta Galicia donde todo ? espont?neo na natureza e en donde ? man do home cede ? seu posto ? man de Dios.

Foy este ? m?vil principal que m' impeleu ? pubricar este libro, que m?is que nadie cono?o que necesita ? indulxencia de todos. Sin gram?tica nin regras de ningunha cl?s, ? lector topar? moitas veces faltas d' ortograf?a, xiros que disoar?n ?s o?dos d' un purista; pr? ? menos, e pr? disculpar en algo estos defectos, puxen ? mayor coidado en reprodusir ? verdadeiro esprito d' ? noso pobo, e penso qu' ? consegu?n en algo..., si ben de unha maneira d?bil e froxa. ?Queira ? ceo qu' outro m?is afertunado qu' eu poida describir c' os seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aqu? s' atopan, inda no rinc?n m?is escondido e olvidado, pr? qu' as?, ? menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c' o respeto e adimiraci?n merecidas esta infortunada Galicia!

<

Canta, meni?a, Na veira da fonte, Canta, dareiche Boli?os do pote.

Canta, meni?a, Con brando comp?s, Dareich' unha proya Da pedra do lar.

Papi?as con leite Tam?n che darei, Sopi?as con vi?o, Torrexas con mel.

Patacas asadas Con sal e vinagre, Que saben ? noces, ?Qu? ricas que saben!

?Qu? feira, rapaza, Si cantas faremos!... Festi?a por fora, Festi?a por dentro.

Canta si queres, Rapaza do demo, Canta si queres, Dareich' un mantelo.

Canta si queres, Na lengua qu' eu falo, Dareich' un mantelo, Dareich' un refaixo.

C? son da gaiti?a C? son da pandeira, Che pido que cantes, Rapaza morena.

C? son da gaiti?a, C? son do tambor, Che pido que cantes, Meni?a, por Dios.>>

As? m? pediron Na veira do mar, O pe das ondi?as Que ve?en e van.

As? m? pediron Na veira do r?o Que corr' entr' as erbas Do campo frorido.

Cantaban os grilos, Os galos cantaban, O vento antr' as follas Runxindo pasaba.

Campaban os prados, Manaban as fontes Antr' erbas e vi?as, Figueiras e robres.

Tocaban as gaitas O son das pandeiras, Bailaban os mozos C?s mozas modestas.

?Qu? cofias tan brancas! ?Qu? panos con freco!... ?Qu? dengues de grana! ?Qu? sintas!, ?qu? adresos!

?Qu? ricos mandiles! ?Qu? verdes refaixos!... ?Qu? feitos xustillos De cor colorado!

Tan vivos colores A vista trubaban, De velos tan v?reos O sol se folgaba.

De velos bulindo Por montes e veigas, Coidou qu' eran rosas Garridas e frescas.

Lugar m?is hermoso Non houbo na terra Qu' aquel qu' eu miraba, Qu' aquel que me dera.

Lugar m?is hermoso No mundo n' hachara, Qu' aquel de Galicia, Galicia encantada.

Galicia frorida, Cal ela ningunha, De froles cuberta, Cuberta de espumas.

D' espumas qu' o mare Con pelras gomita, De froles que nacen O pe das fonti?as.

De valles tan fondos, Tan verdes, tan frescos, Qu' as penas se calman No m?is que con velos.

Qu' os ?nxeles neles Dormidos se quedan, Xa en forma de pombas, Xa en forma de niebras.

Cantart' ei, Galicia, Teus do?es cantares, Qu' as? m? pediron Na veira do mare.

Cantar t' ei, Galicia, Na lengua gallega, Consuelo dos males, Alivio das penas.

Mimosa, soave, Sentida, queixosa; Encanta si r?e, Conmove si chora.

Cal ela, ningunha Tan do?e que cante Soidades amargas, Sospiros amantes.

Misterios da tarde, Murmuxos da noite: Cantar t' ei, Galicia, Na veira das fontes.

Qu' as? m? pediron, Qu' as? m? mandaron, Que cant' e que cante Na lengua qu' eu falo.

Qu' as? m? mandaron, Qu' as? m? dixeron... Xa canto, meni?as, Coid? que comenso.

Con do?e alegr?a, Con brando comp?s, O pe das ondi?as, Que ve?en e van.

Add to tbrJar First Page Next Page

 

Back to top