bell notificationshomepageloginedit profileclubsdmBox

Read Ebook: Cantares gallegos by Castro Rosal A De

More about this book

Font size:

Background color:

Text color:

Add to tbrJar First Page Next Page Prev Page

Ebook has 854 lines and 44090 words, and 18 pages

Con do?e alegr?a, Con brando comp?s, O pe das ondi?as, Que ve?en e van.

Dios santo premita Qu' aquestes cantares, D' alivio vos sirvan Nos vosos pesares.

De amabre consolo, De soave contento, Cal fartan de dichas Compridos deseyos.

De noite, de d?a, N' aurora, na sera, Oiresme cantando Por montes e veigas.

Quen queira me chame, Quen queira m' obrige, Cantar, cantareille De noit' e de d?a,

Por dalle contento, Por dalle consolo, Trocand' en sonrisas Queixi?as e choros.

Buscaime, rapazas, Velli?as, moci?os, Buscaim' antr' os robres, Buscaim' antr' os millos.

Nas portas dos ricos, Nas portas dos probes, Qu' aquestes cantares A todos responden.

A todos, qu' ? Virxen Axuda ped?n, Por que vos console No voso sufrir.

Nos vosos tormentos, Nos vosos pesares. Coid? que comenso... ?Meni?as, Dios diante!

Nas?n cand' as prantas nasen, N? mes das froles nas?n, Nunh' alborada maini?a, Nunh' alborada d' abril. Por eso me chaman Rosa, Mais ? d? triste sorrir, Con espi?as para todos, Sin ningunha para ti. Des que te quixen, ingrato, Tod' acabou para min, Qu' eras ti para min todo, Mi?a groria e meu vivir. ?De qu?, pois, te queixas, Mauro? ?De qu?, pois, te queixas, di, Cando sabes que morrera Por te contemplar fel?s? Duro crabo me encrabaches Con ese teu maldesir, Con ese teu pedir tolo Que non sei qu? quer de min, Pois dinche canto dar puden Avariciosa de ti.

--Dios bendiga todo, nena; Rapaza, Dios che bendiga, Xa que te dou tan grasiosa, Xa que te dou tan feiti?a, Qu' anque andiven moitas terras, Qu' anque andiven moitas vilas, Coma ti non vin ningunha, Tan redonda ? tan bonita. ?Ben haya quen te pariu! ?Ben haya, am?n, quen te cr?a!

--Dios vos garde, mi?a vella; G?rdevos Santa Mari?a, Qu' a bof? s?s falangueira, Falangueira e ben cumprida.

--Meni?a, por ben falada Ningunha se perder?a: C?llens' entr' os paxari?os Aqueles que mellor tr?an; Morre afogado entr' as pallas O piti?o que non ch?a.

--Pois si vos foras piti?o, D?govos, mi?a velli?a, Que dese mal non morreras, Que chiar ben chiar?as.

--?Ay!, que si non de min fora, ?Mi?a filla, mi?a filla! Sin agarimo no mundo Desde que nas?n orfi?a, De port' en porta pedindo Tiben que pasar ? vida. E cand' ? vida se pasa Cal vida de pelegrina, Que busca pelegrinando O pan t?do-los d?as, De cot' en lares alleos, De cot' en extra?as vilas, Hay que deprender estonces Por no morrer coitadi?a, O pe d' un valo tumbada E de todos esquencida, O ch?o dos paxari?os, O recramo das pombi?as, O ben falar que comprase A humild? mansa qu' obriga.

--?Moito sab?s, mi?a vella, Moito de sabidur?a! ?Qu?n poidera correr mundo Por ser como vos sabida! Qu' anque traballos se pasen Al? p?-las lonxes vilas, Tam?n ?qu? cousas se saben! Tam?n ?qu? cousas se miran!

--M?is val que n?s mires nunca, Qu' estonces te perder?as: ?O qu' ? sol mirar precura Logo quedar? sin vista!

--Dir?s verd?, mi?a vella; Mais craras as vosas ni?as, Emprestouvos hastr' agora Groriosa Santa Luc?a.

--Moita devo??n lle te?o, ?Mi?a santi?a bendita! Mais non sempr' as ni?as craras Son proba de craras vistas. Moitas eu vin com' ? augua Que corr' entr' as penas fr?as Gorgorexando de paso, Sereni?a, sereni?a, Qu' antre tiniebras pousaban, Qu' antre tiniebras viv?an, Nas tiniebras d' os pecados Que son as m?is escondidas.

--Si de pecados falades, E pan qu' onde queira espiga, En t?da-las partes crese, En todas partes se cr?a; Mais uns son cor de veneno, Outros de sangre runxida, Outros, com' ? noite negros, Medran c' as lurpias da?inas, Qu' os paren entr' ouro e seda Arrolados p?-l' envidia, Mantidos p?-la luxuria, Mimados p?-la cobiza.

--<> D?ixat' estar, mi?a filla, Nin precures correr mundo Nin tampouco lonxes vilas, Qu' ? mundo da malos pagos A quen lle da prendas finas, E nas vilas mal fixeras Qu' ? aqu? facer non far?as, Qu' anque ese pan varolento En todas partes espiga, Nunhas apoucado crese, Noutras medra qu' adimira.

--Que te libren de ti mesma, P?delle ? Dios, rapariga, Que somos nos para nos As lurpias m?is enemigas. Mais xa ven ? noite vindo Co seu manto d' estreli?as, Xa recolleron ? gando Que pastaba na corti?a, Xa lonx' as campanas tocan, Tocan as Ave-Mar?as, Cada conexo ? seu tobo Lixeiro, lixeiro tira, Qu' ? mal compa?eiro ? noite Si ? compa?eiro s' obriga. Mas ?ay! qu' eu non te?o tobo Nin burata conocida, Nin tellado que me cruba Dos ventos da noite fr?a. ?Qu? vid' ? dos probes, nena! ?Qu? vida, qu' amarga vida! Mais Noso Se?or foi probe, ?Qu' esto d' alivio nos sirva!

--Am?n, mi?a vella, am?n; Mais p?-las almas benditas Oxe dormir?s n' un leito Feito de palli?a triga, Xunta do lar que vos quente C? borralli?a encendida, E comer?s un caldi?o Con patacas e nabizas.

--D' eses teus olli?os negros Como doas relumbrantes, Hastr' as nosas maus unidas As vagoas ardentes caen. ?C?mo m' ei d' ir si te quero? ?C?mo m' ei d' ir e deixarte, Si c? lengua me desvotas E c? cora??n me atraes? N' un corruncho do teu leito Cari?osa m' abrigaches; C? teu manso calori?o Os fr?os pes me quentastes; E d' aqu? xuntos miramos Por antr' ? verde ramaxe, Cal iba correndo ? lua Por enriva dos pinares. ?C?mo queres que te deixe C?mo que de ti m' aparte, Si m?is qu' ? mel eres dulce E m?is qu' as froles soave?

--Meigui?o, meigui?o meigo, Meigo que me namoraste, Baite d' onda min meigui?o Antes qu' ? sol se levante.

--Ainda dorme, queridi?a, Antr' as ondi?as do mare, Dorme por que m' acari?es E por qu' amante me chames, Que sol' onde ti, meni?a, Podo contento folgare.

--Xa cantan os paxari?os, ?rguete, meu ben, qu' ? tarde.

--Deixa que canten, Marica, Marica, deixa que canten... Si ti sintes que me vaya, Eu relouco por quedarme.

--Conmigo, meu queridi?o, Mit? da noite pasaches.

--Mais en tanto ti dorm?as Contenteime con mirarte, Qu' as? sorind' entre sonos Coidaba qu' eras un ?nxel, E non con tanta pureza O pe d' un ?nxel velase.

--As? te quero, meu ben, Com' un santo dos altares; Mais fuxe... qu' ? sol dourado Por riba dos montes saye.

--Irey, mais dame un biqui?o Antes que de ti m' aparte; Qu' esos labi?os de rosa Inda non sei como saben.

--Con mil amores cho dera, Mais te?o que confesarme; E moita vergonza fora Ter un pecado tan grande.

--Pois conf?sate, Marica, Que cando casar nos casen, Non ch' han de valer, meni?a, Ni confesores nin frades. ?Adi?s, cari?a de rosa!

--?Raparigo, Dios te garde!

--Costureiri?a Comprimenteira, Sacha no campo, Malla na eira, Lava no r?o, Vay apa?ar Toxi?os secos Antr' ? pinar. As? ? meni?a Traballadora Os punteados Deprende ora.

--Mi?a santi?a, Mal me quixere Quen m' aconsella Que tal fixere. Mans de se?ora, Mans fidalgueiras Te?en todi?as As costureiras; Boca de reina, Corpo de dama, Comprell' ? seda, Foxen d' ? lama.

--?Ay rapaci?a! Ti t?l-o teo: ???Sed' as que dormen Antr' ? centeo!!! ?Fuxir d' ? lama Quen naceu nela! Dios cho perdone, Probe Manuela. Lama con honra Non mancha nada, Nin seda limpa Honra emporcada.

--Santa Santasa Non s?s comprida, Decindo cousas Que fan ferida. Falaime solo D' as muhi?eiras, D' aquelas voltas Revirandeiras, D' aqueles puntos Que fan agora, D' afora adentro, D' adentro afora.

--Costureiri?a D' o carballal, Colle unha agulla Colle un dedal, Cose os buratos D' ese teu c?s, Qu' andar rachada No manda Dios. Cose, meni?a, Tantos furados, Y ora non penses Nos punteados.

--Mi?a Santasa, Mi?a Santi?a, Nin te?o agulla, Nin te?o li?a, Nin dedal te?o, Qu' al? na feira Rouboume un majo Da faltriqueira, Decindo: <>

--?Costureiri?a, Qu' ? majos trata! Alma de cobre, Collar de prata. Mocid? rindo, Vellez chorando... Anda, meni?a, Coida d' o gando. Coida d' as erbas D' o teu erbal, Ter?s agulla, Ter?s dedal.

--Deixad' as erbas, Qu' ? qu' eu quer?a, Era ir cal todas A romer?a. ?Y al? con aire Dar cada volta! Os ollos baixos, A perna solta. Pes lixeiri?os, Corpo direito; ?Pero, Santi?a... Non lle dou xeito! Non vos metades Pedricadora, Bailadori?a Faceme agora. Vos dend' arriva And? correndo; Faced' os puntos, Y eu adeprendo. And? que peno P?-los penares... Miray qu' ? pido Chorando ? mares.

--?Ay da meni?a! ?Ay da que chora! ?Ay, porque quere Ser bailadora! Que cando durma No camposanto Os enemigos Faranlle espanto, Bailando enriva D' as erbas mudas, O son d' a negra Gaita de Xudas. Y aquel corpi?o Que n' outros d?as Tanto truara N?s romer?as, O son dos ventos M?is desatados Rolar? logo C' os condenados. Costureiri?a, N' ei de ser, n' ei, Quen che deprenda Tan mala ley.

--?Ay que Santasa! ?Ay que Santona! Ollos de meiga, Cara de mora, Por n' ei de porche Os meus pendentes, Por n' ei de porche O meu collar, Xa que non queres, Xa que non sabes Adeprenderme A puntear.

?C?nta xente..., c?nta xente Por campi?as e por veigas! ?C?nta p?-lo mar abaixo Ven cami?o da ribeira! ?Qu? lanchas tan ben portadas Con aparellos de festa! ?Qu? botes tan feituqui?os, Con tan feituqui?as velas! Todos cargadi?os ve?en De xenti?a forasteira, E de rapazas bonitas Cura de todas las penas. ?C?ntos dengues encarnados! ?C?ntas sintas amarelas! ?C?ntas cofias pranchadi?as Dende lonxe relumbrean, Cal si fosen neve pura, Cal froles da primaveira! ?C?nta maxesa nos homes, C?nta brancura nas nenas! Y eles semellan gallardos Pinos qu' os montes ourean, Y elas cogolli?os novos C' orballo da ma??n fresca.

Add to tbrJar First Page Next Page Prev Page

 

Back to top